Publicado en Atención, Habilidades Cognitivas, Orientación, Razoamento

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Remata o curso e chegan as merecidas vacacións para descansar. Dende o Departamento de Orientación queremos propor unha serie de xogos para ocupar o tempo de modo divertido e educativo.

“Chocolate Fix” é un xogo que consiste en ir colocando os pasteis na bandexa seguindo as instruccións, desenvolvendo as capacidades de razoamento espacial.

O xogo “Balance Beans consiste en colocar as xudías de cores que indican as tarxetas para equilibrar a balanza.

“Parking puzzle” é un xogo divertido no que os pequenos e pequenas teñen que aparcar os coches de cores seguindo os planos das instruccións para o que terán que romper a cabeza.

No xogo “Batalla de genios” compítese para colocar as pezas nos taboleiros. pódese xogar individual ou facendo dous equipos. Os dados marcan as posicións dos ocos nos que non se poden colocar pezas, nos ocos libres temos que intentar poñer tódalas pezas sen que sobre ningunha.

¨Rubiks race¨, Xogo de habilidade visual e rapidez mental, podes xogar individualmente ou cun adversario. Consiste en deslizar as fichas do taboleiro para conseguir a mesma combinación da coctelera.

Speed Cups, agudeza visual e rapidez. Temos que conseguir montar cos cubiletes o debuxo das tarxetas, o máis rápido toca o timbre.

Mikado, xogo de destreza óculo- manual. Traballamos tamén a habilidade, o cálculo…

Publicado en Audición e Linguaxe

RINCÓN DE LECTOESCRITURA

Este trimestre estrenamos rincón de lectoescritura usando; arena, azúcar, bolis de tinta invisible y luz ultravioleta.

Trabajamos la confusión de letras, la pronunciación, la lectura de sílabas, palabras y frases, pero sobre todo nos hemos divertido un montón aprendiendo de forma diferente.

Publicado en Audición e Linguaxe, Habilidades sociais

XOGOS PARA O NADAL

Nestes días de festa e familia podemos facer uns xogos que nos axudarán a coñecernos máis e a pasalo moi ben

  • XOGOS DE MEMORIA

Collemos varios obxectos de Nadal e os colocamos enriba da mesa, temos 10 segundo para memorizalos pasado ese tempo tapas cunha manta, toalla… e debuxamos nun folio os obxectos recordados, gaña o que máis acerte.

  • DETECTOR DE MENTIRAS

Este xogo e moi divertido e nos axudará a coñecernos mellor, consiste en escribir ou contar 3 historias nosas, dúas reais e unha falsa os outros teñen que descubrir cal e a historia falsa.

ENCESTA NA ÁRBORE

Podemos facer unha árbore ou boneco de neve con buratos e encestar con pelotas ou bolas de papeis, podemos poñer puntuación a cada burato de cor e así tamén traballamos os números e as sumas.

PALABRA SECRETA

Un dos participantes pensa nunha palabra relacionada co Nadal e a escribe ou debuxa nun folio e os demais teñen que facer preguntas para adiviñar a palabra secreta. (EXEMPLO S DE PALABRAS: ESTRELA, TURRÓN, ESPUMILLÓN, ÁRBORE….)

MÁIS IDEAS:

– Inventar unha panxoliña xuntos.

De dónde viene la tradición de cantar villancicos en Navidad? | Verne EL  PAÍS

– Ensinarlles a xogar ao noso xogo favorito de cando eramos pequenos.

Gallinita ciega | Mis juegos tradicionales

– Facer o noso particular calendario de advento de 15 días con cousas para facer nas vacacións.

– Investigar sobre o Nadal en outros países.

– Facer algún adorno do Nadal.

Adornos caseros para el árbol de Navidad para hacer con niños | Manualidades,  Adornos caseros, Adornos navideños

FELICES FESTAS

Publicado en Orientación, Valores

3 DE DECEMBRO-DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro celebrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que ten como obxectivo promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

A comunidade educativa do CEP Plurilingüe Santa Tegra tamén queremos participar nesta celebración, polo que durante esta semana traballamos esta temática con diferentes actividades a nivel de aula e de centro.

Durante esta semana estivemos escoitando a canción “Se Salen” de El Langui, que foi creada para as últimas Paraolimpiadas.

No seguinte vídeo podedes vela. E, despois realizar as preguntas do “Quizizz”

COMEZAR A XOGAR

Publicado en Habilidades sociais, Orientación

Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar e Ciberacoso

O acoso escolar ou tamén chamado Bullying é un hostigamento permanente de unha ou varias persoas hacia un/unha estudiante, no que polo xeral se producen agresións físicas e verbais e sen haber unha causa aparente para que ocorran estes feitos. É moi impotante detectar estes feitos canto antes dado que as consecuencias poden chegar a ser moi negativas.

Tamén está o ciberacoso, acoso virtual ou ciberbullyng (en inglés), que é o uso de medios dixitais para molestar ou acosar a unha persoa ou grupo de persoas, mediante ataques persoais, divulgación de información confidencial ou falsa entre outros medios. Os actos de agresión virtual ou ciberagresión posúen unhas características concretas que son o anonimato do agresor ou agresores, a súa velocidade e o seu alcance.

Profesorado e familias temos que estar alerta e ofrecer ferramentas para que o alumnado aprenda a superar estas situacións traballando os valores de respeto e tolerancia, a autoestima, a empatía, a asertividade e a amizade entre outros, e ofrecendo un clima de diálogo e confianza para que se expresen de xeito libre, fomentando a resolución pacífica de conflictos.

Achegamos uns vídeos sobre o tema que nos parecen interesantes:

Publicado en Desenvolvemento persoal, Habilidades sociais, Orientación

XOGOS E CONTOS PARA SUPERAR O MEDO

Esta época do ano, coa celebración do Samaín ou Halloween é un bo momento para traballar os nosos medos: medos a escuridade, aos pesadelos, a soedade…

A continuación podedes ler unhas orientacións para enfrontarse a eles e tamén podemos contar algún conto sobre este tema, como:

Pdf con orientacións sobre como afrontar os medos

E se queredes tamén podemos facer unha actividade na casa moi fácil. Crear o ¨MONSTRUO come MEDOS¨, podemos facelo cunha caixa de panos ou  podemos usar unha mochila ou un peluche que teña boca:

  1. Escribe ou pinta os teus medos, fala cun adulto sobre eles.
  2. Méteos na boca do monstruo, contando cómo podemos enfrontarnos a eses medos.
  3. E péchalle a boca, agora e o momento de enfrontarnos aos nosos medos e actuar sobre eles.

ENLACES DE INTERESE:

Xogos para superar o medo aos monstruos

La máquina de romper miedos

Consellos para superar o medo

Conto “El esconde huesos”

Los miedos infantiles

Curtametraxe “Piper”

Publicado en Audición e Linguaxe

MONSTRUOSA SORPRESA

Durante estos últimos meses hemos vivido una situación insólita, difícil de entender para los adultos y mucho más para los más pequeños/as,  los cuales muchos/as de ellos/as han generado angustia ante la salida a la calle por miedo a lo que pueda pasar. Por ello hoy he decidido enviaros un cuento, un cuento para enfrentarse a los miedos, esos monstruos que no nos dejan dormir, o que nos quieren atrapar,  o no nos dejan salir a la calle… Por eso hoy vamos a… VENCER NUESTROS MIEDOS !!!

    Una vez visto el vídeo podemos hacerles preguntas como:

  • ¿Te da miedo salir a la calle? ¿Por qué?
  • ¿Qué crees que pasa si salimos?
  • ¿Quién puede ayudarte a superar tus miedos?
  • ¿Qué tienes que hace tú para superar tus miedo?

 Toda la conversación la debemos enfocar en positivo, que siempre sepan que vamos a estar ahí para ayudarles y que hablando y haciendo las cosas juntos todo se supera, incluso…………

NUESTROS MIEDOS!!

Publicado en Desenvolvemento persoal, Habilidades sociais

O MEDO

O medo é  unha sensación de angustia provocada pola presenza  dun perigo real ou imaxinario. É unha emoción básica  de alerta que cumpre unha función esencial de supervivencia; serve para protexernos de situacións de perigo. Pero cando perdemos o control sobre a nosa conduta, esta vólvese disfuncional, como por exemplo as fobias, trastornos de  ansiedade …

É importante ser conscientes  de  que é un sentimento normal de adaptación  pero temos que superar as situacións que o provocan cando nos limita na nosa vida diaria.

Recomendacións para afrontalo:

  • É normal sentir as veces medo, axúdanos a ser prudentes e a sobrevivir.
  • Falar das situacións que nos provocan medo con achegados para que nos axuden a superalo. En equipo todo se leva mellor.
  • Cuestionar as crenzas irracionais substituíndoas por pensamentos máis positivos e realistas. Pensar que todo pasa.
  • Enfrontarnos ás situacións que nos provocan medo expoñéndonos pouco a pouco con seguridade (imaxes, vídeos, contos,…)

Facer pequenos logros para ir superando as situacións nas que temos medo. Pensar a que temos medo e que podemos facer para superalo.

Fai clic no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=rr7AWD2PZaI

CUESTIONARIO