Publicado en Sin categoría

Talleres con Igualarte

Hoxe disfrutamos de varios talleres realizados pola fundación Igualarte, durante esta xornada mostramos os nosos talentos en diversas actividades, dende manualidades ata maquillaxe, cada momento foi unha oportunidade para compartir e aprender uns dos/as outros/as promovendo así unha verdadeira inclusión.

Esta actividade non foi simplemente un evento, foi unha celebración da diversidade e unha lección de vida para todos/as nós.

Grazas por compartilo connosco.

Publicado en Sin categoría

Mural da discapacidade

Coa nosa paleta de cores e pinceis, embarcámonos nunha xornada creativa para dar vida a un mural que reflicte a beleza da diversidade e a forza da inclusión. Cada trazo e cada foto representan as diferentes habilidades e talentos que todas estas personas aportan ao mundo. Queremos destacar a importancia de ver máis alá das aparencias e celebrar a riqueza que a discapacidade trae á nosa comunidade global. Este mural é un testemuño do noso compromiso coa empatía, a comprensión e a aceptación universal.

Que cada pincelada sexa un recordatorio de que a verdadeira beleza reside na nosa capacidade de aceptar e apreciar as diferenzas que fan que o noso mundo sexa único e extraordinario.

Publicado en Sin categoría

Obradoiro Federación Galega de Dano Cerebral

O xoves 4 de maio, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria participou nun obradoiro impartido pola Federación Galega de Dano Cerebral en colaboración cos Bolechas para informar e sensibilizar sobre a realidade do dano cerebral adquirido, as súas principais causas e consecuencias e mellorar a capacidade de identificación e diagnóstico dos síntomas de alarma do ictus e do dano cerebral en xeral. Para rematar, entregaron a cada neno e nena un exemplar dos Bolechas: Mireia conta que é o dano cerebral adquirido.

O CEP Santa Tegra continúa coas xornadas de sensibilización colaborando con diferentes asociacións.

Publicado en Orientación, Sin categoría

3 de decembro, día da discapacidade.

O mércores celebramos unha xornada moi especial e única grazas ao equipo de APAMP.

Nacho, Gonzalo, Diana e Antía coa axuda de Cata e Sara, ensináronnos moitas cousas dos deportes que eles practican, o Slalom e a Boccia, estivemos moi atentos as súas indicacións e puidemos comprobar o difícil que é levalas á práctica..

Moitas grazas por ensinarnos que con esforzo e constancia non hai barreiras.